Que ver nun fin de semana
Dous días permiten coñecer en detalle a natureza e o patrimonio con diferentes experiencias.
Durante unha fin de semana poderase coñecer con máis detalle o monte Santa Trega, percorrer a zona urbana, dedicando tempo ao patrimonio indiano. Sen esquecerse do casco antigo e, por suposto, do porto pesqueiro incluída a visita ao Museo do Mar.
As distintas rutas permiten explorar a Ría, a desembocadura ou a costa atlántica, axustando tramos segundo as capacidades da persoa. Ademais de compaxinar a visita coa gastronomía e os eventos previstos.