Praias Marítimas
Pequenas calas con augas beneficiosas
Estas praias ofrecen espectaculares postas de sol. Son pequenas calas de area rodeadas de rochas e están próximas e unidas grazas á Ruta das Cetáreas e ao Camiño Azul.
Estas praias son moi apreciadas polas propiedades das súas augas iodadas que son beneficiosas para a saúde, ideais para mellorar as enfermidades reumáticas e dermatolóxicas.