Camiño portugués da costa na Guarda
A Guarda é o primeiro municipio galego do camiño Portugués da Costa e os peregrinos gozan das diferentes paisaxes nos seus 9 km de percorrido.

Torre do Reló
Este elemento defensivo xa formaba parte da antiga parede xunto ao acceso da zona alta. A torre é tan representativa que da nome á mesma praza.
Formaba parte do antigo muro medieval e protexía un dos accesos á vila na parte superior do recinto.
En 1570 a torre actual construíuse sobre outra primitiva. Sendo novamente reconstruída no 1730 por amenzar ruina e colouse a campana. Mentres que o actual reloxo foi doado por José Manuel Andreini en 1924.
No corpo da torre, destacan os escudos de armas colocadas despois de ser derribada unha casa señorial próxima.

As docas
Son antigos embarcadoiros construídos en terreos gañados ao río para o transporte e o comercio no s. XIX

Escola dos Xesuítas
Este edificio na ribeira do Miño marcou a historia da Guarda hai máis de 150 anos grazas aos avances dos seus profesores.

Alameda
Lugar de entremento dos veciños desde 1850. Remodelouse en 2010 e aínda conserva árbores antigas e interesantes.

Villa Borinquen
Construído en 1910 rodeado de xardín na súa orixe. Destacan os azulexos verdes e a torre, construída polo seu segundo propietario que quería ver o mar.

Casa Valentín Domínguez Pérez
Do ano 1890 cpnstruiuse en estilo autóctono e caracterízase pola súa austeridade con balcóns en forxa.

Centro de San Xerome
De estilo autóctono cunha elegante fachada en cantería e forxa. Ata 1968 foi asilo e desde 1981 é a sede do Centro de Educación de San Xerome Emiliani.

Torre do Reló
Este elemento defensivo xa formaba parte da antiga parede xunto ao acceso da zona alta. A torre é tan representativa que da nome á mesma praza.

Praza do Reló
Esta praza estaba fóra do recinto amurallado con acceso á zona superior na dirección da igrexa de Santa María ou do castelo de Santa Cruz.

Igrexa de Santa María
Orixinalmente románica ampliouse no s. XVI. É a igrexa destacada do municipio onde se celebra a Semana Santa e o Santísimo

Capela da Guía
Construído no s. XV ten unha gran devoción entre os mariñeiros. Tradicionalmente era un lugar de paso de comerciantes que se dirixían a Baiona.

Praia Fedorento
Praia marítima a menos de 1 km do porto pesqueiro e cun público familiar.

Praia Area Grande
Praia marítima a 1,50 km do porto pesqueiro, moi familiar con servizos como ducha e aseo.

Cetaria Redonda
A 1 km da praia de Area Grande está situada esta cetaria que, debido ao seu maior tamaño, pódese observarse incluso con marea alta.

Cetaria Aliña
A última cetaria está a poucos metros ao norte da Cetarea de Redonda, é a máis difícil de contemplar incluso con marea baixa.