Miradoiros e postas de sol
Como cidade costeira, as vistas panorámicas e as postas de sol son de gran interese.
Dique norte
O porto conta cunha imaxe recoñecida grazas ao colorido do seu dique norte. É un elemento da vila moi fotografado polos solpores e os temporais do inverno.
A comezos dos anos 90 construíse este dique para frear a bravura do mar que golpea desde o norte. Anos atras cos temporais o mar chegaba ás rúas e entraba nas casas mariñeiras. Na actualidade o temporais rompen con forza contra este dique sendo un espectáculo para contemplar.
Este dique é visible desde moitos puntos e miradoiros da vila e, inclusive desde o Monte Santa Trega. Conforma un lenzo xigante e nestas décadas tivo diferentes deseños.
No 2018 realizouse o actual pintado que reflicte a parte do universo da Guarda como se fose unha constelación con estrelas e marcas mariñeiras nun fondo azul escuro e intenso como a noite e onde destacan representacións como a Monte Santa Trega, cultura mariñeira, a langosta,...

Miradoiro do Facho
As vistas vanse gozando a medida que se ascende. O Pico de O Facho destaca como un punto de vista do porto pesqueiro, da zona urbana e do castro.
Miradoiro de San Francisco
O Pico de San Francisco é un punto de vista excepcional para a desembocadura do Miño e ademáis ofrece unha panorámica case completa.
Muíños de vento
Na costa atlántica e na desembocadura do Miño aínda hai muíños de vento construídos no s. XVIII.
Praia Area Grande
Praia marítima a 1,50 km do porto pesqueiro, moi familiar con servizos como ducha e aseo.
Dique norte
O porto conta cunha imaxe recoñecida grazas ao colorido do seu dique norte. É un elemento da vila moi fotografado polos solpores e os temporais do inverno.
Capela de San Caetano
Construído no s. XVII no barrio da Cruzada para indicar a costa aos barcos. En 1735, un barco inglés evitou o naufraxio e deu a campá actual.