Praias fluviais

No privilexiado entorno natural da desembocadura do Miño, estas catro praias sitúanse nos dous últimos quilómetros do río, formando unha fermosa unidade.

Praia O Muíño

Praia O Muíño

Praia de río en plena desembocadura do Miño con vistas espectaculares e rodeada por un piñeiral e sendas.
Esta é a última praia antes de que o Miño verte as súas augas cara ao océano. Ten faro, ducha, aseo e servizo de socorrismo. É candidata á bandeira azul como praia accesible.