Praias Marítimas

Estas praias ofrecen espectaculares postas de sol

Praia Area Grande

Praia Area Grande

Praia marítima a 1,50 km do porto pesqueiro, moi familiar con servizos como ducha e aseo.
É a praia marítima máis coñecida onde comeza ou remata o sendeiro azul. Ademais por esta praia continúa a ruta das cetarias e o Camiño Portugués da costa.

Esta pequena enseada de area é recoñecida polas súas augas beneficiosas onde un grupo de veciños se bañan durante todo o ano.

Tamén conta con servizos como ducha, aseo e restaurante. Tamén é candidata á bandeira azul.