Ruta urbana polo legado indio
Estas casas foron construídas na segunda metade do s. XIX e comezos do s. XX polos emigrantes retornadis a Porto Rico, República Dominicana ou Brasil.
Casa de Manuel Álvarez Vicente
O estilo ecléctico con aire señorial de 1890 destaca o excelente traballo en canteira e forxa e unha remodelación respetuosa
O estilo ecléctico con aire señorial de 1890 destaca o excelente traballo en canteira e forxa e unha remodelación respetuosa
Antigo Colegio das Irmás de San Xosé
Construído en 1896 grazas á fundación dos irmáns Rodríguez Cachada. Resalta a fachada principal azulexada sobre una base en pedra de canteira.
Casa de Manuel Álvarez Vicente
O estilo ecléctico con aire señorial de 1890 destaca o excelente traballo en canteira e forxa e unha remodelación respetuosa
Edificio Bernardo Alonso Martínez
De estilo autóctono co baixo para o comercio e o primeiro andar para o salón de baile. Na súa balaustrada están as iniciais do propietario e o ano de construció
Centro de San Xerome
De estilo autóctono cunha elegante fachada en cantería e forxa. Ata 1968 foi asilo e desde 1981 é a sede do Centro de Educación de San Xerome Emiliani.
Casa Valentín Domínguez Pérez
Do ano 1890 cpnstruiuse en estilo autóctono e caracterízase pola súa austeridade con balcóns en forxa.
Villa Borinquen
Construído en 1910 rodeado de xardín na súa orixe. Destacan os azulexos verdes e a torre, construída polo seu segundo propietario que quería ver o mar.
Centro cultural
Edificación indiana construída para os veciños e está ao carón do acceso ao monte Santa Trega.
Casa Eloy Domínguez Veiga
Construído en 1890 en estilo ecléctico con aire señorial. É unha das emblemáticas casas indianas polo azulexo azul e o traballo en cantería.
Casa de Manuel Alonso Sobrino
Construído en 1930 en estilo ecléctico con elementos rexionais que destacan as tellas rechamantes e a torre de estilo rexionalista de Montañés.