Sendeiro Azul

O sendeiro azul une as praias do Muíño e da Area Grande, o que significa case toda a costa atlántica da Guarda e que cruza o porto pesqueiro.

Museo do Mar

Museo do Mar

A historia da Guarda sempre estivo ligada ao mar e á pesca. Grazas á visita do Museo do Mar, podese coñecer a esencia e particularidades da pesca no pasado.
Ao final do Paseo Marítimo e ao lado do dique norte, a atalaia ou forte circular foi reconstruída en 1997, a orixinal databa do s. XVII.

Esta atalaia acolle o Museo do Mar cunha mostra de antigos aparellos e artes de pesca.

Tamén ten unha pequena exposición malacolóxica, unha selección de cunchas mariñas de todo o mundo.