Ruta polo casco histórico
O casco antigo está situad ao redor do porto pesqueiro, un reflexo do pasado mariñeiro.

Igrexa de Santa María
Orixinalmente románica ampliouse no s. XVI. É a igrexa destacada do municipio onde se celebra a Semana Santa e o Santísimo
En canto á súa arquitectura, a fachada principal é barroca con murais brancos de influencia portuguesa e a fachada sur é de estilo renacentista. A torre lateral rectangular cuberta nunha cúpula fíxose no s. XIX.
No interior, destaca o retablo da capela principal do estilo borrominesco do s. XVIII dedicado á Ascensión da Virxe María. De gran interese son as imaxes de Cristo: o Cristo Xacente, a obra do escultor local Cándido Sobrino. No retablo do altar das Ánimas está o Cristo crucificado, segundo a tradición, é unha imaxe recuperada do mar que fora lanzada polos católicos ingleses na era de Henrique VIII.

Rúa Baixo Muro
Antiga rúa onde se conserva unha sección da muralla medieval e o comezo da porta de acceso desde o porto.

Rúa Ireira
Alternativa accesible para o casco antigo onde se atopa un lenzo do antigo muro medieval. A poucos metros de distancia atópase o mercado de abastos

Rúa Colón
Rúa central da vila amurallada en tempos medievais e ten unhas escaleiras ao comezo do porto para salvar o desnivel.

Praza de San Marcos
Durante séculos houbo un hospital para peregrinos nesta praza protexida dentro da zona amurallada xusto á beira da entrada ao norte.

Praza do Reló
Esta praza estaba fóra do recinto amurallado con acceso á zona superior na dirección da igrexa de Santa María ou do castelo de Santa Cruz.

Torre do Reló
Este elemento defensivo xa formaba parte da antiga parede xunto ao acceso da zona alta. A torre é tan representativa que da nome á mesma praza.

Concello antiguo
Casa municipal de 1837 a 2018, data na que as principais oficinas foron trasladadas a Casa dos Alonso.

Casa dos Alonso
A sede actual do Concello é unha edificación de gran interesepola súa historia, arquitectura especial e a súa situación destacada na praza.

Igrexa de Santa María
Orixinalmente románica ampliouse no s. XVI. É a igrexa destacada do municipio onde se celebra a Semana Santa e o Santísimo