Ruta polo casco histórico

O casco antigo está situad ao redor do porto pesqueiro, un reflexo do pasado mariñeiro.

Torre do Reló

Torre do Reló

Este elemento defensivo xa formaba parte da antiga parede xunto ao acceso da zona alta. A torre é tan representativa que da nome á mesma praza.
Formaba parte do antigo muro medieval e protexía un dos accesos á vila na parte superior do recinto.

En 1570 a torre actual construíuse sobre outra primitiva. Sendo novamente reconstruída no 1730 por amenzar ruina e colouse a campana. Mentres que o actual reloxo foi doado por José Manuel Andreini en 1924.

No corpo da torre, destacan os escudos de armas colocadas despois de ser derribada unha casa señorial próxima.