Descobre o Monte Santa Trega
Unha das visitas especiais en Galicia.
Barrio de Mergelina
Sector do castro na ladeira do río onde se realizou a última campaña de escavación.
Nas décadas 1920-1930, o arqueólogo Cayetano de Mergelina realizou campañas de escavación nesta ladeira ao río con orientación sur.
A última campaña realizouse en 2016 e consistiu nunha reexcavación deste espazo. En 2018 e 2019 realizouse a restauración desta área escavada.
Durante máis de 6 meses, un equipo arqueólogo escavou este espazo o que permitiu descubrir un urbanismo diferente con respecto a outras áreas xa estudadas do castro. Ademais, atopáronse moitos restos de interese que permitirán coñecer mellor a cultura castrexa do Castro de Santa Trega. Entre os miles de fragmentos de cerámica destaca unha cabeza tallada en pedra na que se aprecian os ollos, a boca e o nariz e que está expostos no museo.

Castro de Santa Trega
Foi descuberto en 1913 e durante décadas realizáronse escavacións arqueolóxicas que permiten confirmar a importancia deste castro na cultura castrexa.
Barrio de Mergelina
Sector do castro na ladeira do río onde se realizou a última campaña de escavación.
MASAT
O Museo Arqueolóxico de Santa Trega está situado na cima e permite coñecer en detalle a cultura castrexo-romana que habitou este monte durante séculos.
PR-G122 Camiños do Trega
Esta ruta marcada reúne os camiños e as sendas do monte Santa Trega que foron recuperadas e que permiten recorrer amplamente o monte.
Vía Crucis
A forte tradición relixiosa no monte de Santa Trega móstrase cos dous vía crucis existentes e outros cruceiros.
Miradoiro de San Francisco
O Pico de San Francisco é un punto de vista excepcional para a desembocadura do Miño e ademáis ofrece unha panorámica case completa.
Miradoiro do Facho
As vistas vanse gozando a medida que se ascende. O Pico de O Facho destaca como un punto de vista do porto pesqueiro, da zona urbana e do castro.