Descobre o Monte Santa Trega

Unha das visitas especiais en Galicia.

Vía Crucis

Vía Crucis

A forte tradición relixiosa no monte de Santa Trega móstrase cos dous vía crucis existentes e outros cruceiros.
O máis artístico vía Crucis foi promovido pola Sociedade Pro Monte nos anos 20 para substituír a xa existente. Este era máis sinxelo e databa dos s. XVI-XVII, pero finalmente non foi retirado.

O escultor valenciano, Julio Vicent e Mengual, deseñou o proxecto de grandes cruces artísticas e un medallón de bronce coas escenas dos diferentes pasos do Calvario.