Ruta polo porto pesqueiro

A vila mariñeira que medrou arredor do porto pesqueiro. Conserva o seu carácter coas fachadas das estreitas e coloridas casas de pescadores.

Nave das Redeiras

Nave das Redeiras

Nesta edificio as mulleres continúan cunha profesión esencial para a pesca como é a elaboración e reparación das redes.
Durante as xeracións, as mulleres foron as encargadas de elaborar e reparar as redes para que o home puidese saír a pescar.

Este traballo apenas foi recoñecido e en 2005 un grupo de mulleres da Guarda asociouse e logrou a construción desta nave onde traballar e mellorar as súas condicións.

Na actualidade, estas mulleres, ademais de elaborar e reparar redes de pesca, realizan Artesanía de Galicia con elementos de pesca. Tamén asisten a feiras e colaboran con entidades e empresas dando a coñecer o seu oficio.