Ruta polo porto pesqueiro

A vila mariñeira que medrou arredor do porto pesqueiro. Conserva o seu carácter coas fachadas das estreitas e coloridas casas de pescadores.

Dique sur e lonxa

Dique sur e lonxa

A Guarda aínda conserva a pesca de baixura e no dique sur tamén se localiza a lonxa, as embarcacións e os mariñeiros no seu día a día.
O dique sur foi construído ao comezos do s. XX e aquí é onde se poden ver as tarefas diarias dos mariñeiros, a súa chegada ao porto, as embarcacións e os aparellos de pesca que empregan.

A lonxa está neste peirao e podes visitar os días hábiles a partir das 16:30 horas. Para observar a poxa de peixes ou capturas de percebe segundo a tempada.