Ruta polo porto pesqueiro
A vila mariñeira que medrou arredor do porto pesqueiro. Conserva o seu carácter coas fachadas das estreitas e coloridas casas de pescadores.
Arenal da A Ribeira
A acumulación de area nos últimos anos creou un lugar de recreo dentro do porto.
No lugar da Ribeira había un pequeno areal onde os barcos era varados e ao final do s. XIX converteuse nun embarcadoiro de pedra.
A principios dos anos 2000 realizouse unha mellora integral no porto enlazando os paseos e desaparecendo o embarcadoiro de pedra. Co paso dos anos recuperouse o areal da Ribeira. Actualmente é un lugar de recreo para os veciños.
A principios dos anos 2000 realizouse unha mellora integral no porto enlazando os paseos e desaparecendo o embarcadoiro de pedra. Co paso dos anos recuperouse o areal da Ribeira. Actualmente é un lugar de recreo para os veciños.
Dique sur e lonxa
A Guarda aínda conserva a pesca de baixura e no dique sur tamén se localiza a lonxa, as embarcacións e os mariñeiros no seu día a día.
Nave das Redeiras
Nesta edificio as mulleres continúan cunha profesión esencial para a pesca como é a elaboración e reparación das redes.
Praia O Carreiro
Praia marítima no exterior do porto pesqueiro e onde pasan ou inician as rutas da costa.
Monumento ao mariñeiro
Na rúa Porto localizase este traballo escultórico de José Antúnez Pousa como homenaxe ao mariñeiro coa embarcación tradicional.
Rúa do Porto e casas marinearas
Esta rúa peonil de casas Mariñeiras converteuse nun lugar de encontro para pasear, gozar nos restaurantes ou cunha fermosa posta de sol.
Igrexa e Convento de San Benito
Desde o século XVI, a orde relixiosa de San Benito tiña presenza con este convento de monxas construída no porto pesqueiro.
Monumento ao Mariñeiro desaparecido
Escultura de pedra do artista Magín Picallo que representa a dor da muller cando perde a un ser querido no mar.
Arenal da A Ribeira
A acumulación de area nos últimos anos creou un lugar de recreo dentro do porto.
Rúa Malteses
Paseando por esta estreita rúa un regresa ao pasado mariñeiro coas súas vellas casas estreitas que se transformaron en casas de cores máis altas.
Paseo marítimo
Este paseo enlaza a rúa do porto co dique do norte nun agradable percorrido libre de vehículos.
Museo do Mar
A historia da Guarda sempre estivo ligada ao mar e á pesca. Grazas á visita do Museo do Mar, podese coñecer a esencia e particularidades da pesca no pasado.
Dique norte
O porto conta cunha imaxe recoñecida grazas ao colorido do seu dique norte. É un elemento da vila moi fotografado polos solpores e os temporais do inverno.