Ruta polo porto pesqueiro

A vila mariñeira que medrou arredor do porto pesqueiro. Conserva o seu carácter coas fachadas das estreitas e coloridas casas de pescadores.

Monumento ao Mariñeiro desaparecido

Monumento ao Mariñeiro desaparecido

Escultura de pedra do artista Magín Picallo que representa a dor da muller cando perde a un ser querido no mar.
Este traballo de Magín Picallo en 2004 ocupa unha zona axardinada no enlace dos paseos. A escultura está orientada á entrada do porto, e representa á muller do mariñeiro esperando o seu regreso.

A dureza do mar da Guarda roubou moitas vidas e esta escultura é a homenaxe á soidade e á incerteza da muller do mariñeiro que se converte en dor e desesperación cando perde a seu ser querido no mar xa falecido aos seus pés.