Ruta polo porto pesqueiro
A vila mariñeira que medrou arredor do porto pesqueiro. Conserva o seu carácter coas fachadas das estreitas e coloridas casas de pescadores.
Monumento ao mariñeiro
Na rúa Porto localizase este traballo escultórico de José Antúnez Pousa como homenaxe ao mariñeiro coa embarcación tradicional.
No 1991 este monumento foi instalado despois dunha reforma da rúa Porto. Está situado a poucos metros do dique sur e o dos mariñeiros nas súas tarefas diarias.
O autor, José Antúñez Pousa. Destaca a dureza da profesión de mariñeiro na Guarda, representa a un mariñeiro que levantaba a rede dende a gamela, que é un barco tradicional. Tamén rende unha homenaxe ao traballo esencial das mulleres coa elaboración e reparación das redes.
O autor, José Antúñez Pousa. Destaca a dureza da profesión de mariñeiro na Guarda, representa a un mariñeiro que levantaba a rede dende a gamela, que é un barco tradicional. Tamén rende unha homenaxe ao traballo esencial das mulleres coa elaboración e reparación das redes.
Dique sur e lonxa
A Guarda aínda conserva a pesca de baixura e no dique sur tamén se localiza a lonxa, as embarcacións e os mariñeiros no seu día a día.
Nave das Redeiras
Nesta edificio as mulleres continúan cunha profesión esencial para a pesca como é a elaboración e reparación das redes.
Praia O Carreiro
Praia marítima no exterior do porto pesqueiro e onde pasan ou inician as rutas da costa.
Monumento ao mariñeiro
Na rúa Porto localizase este traballo escultórico de José Antúnez Pousa como homenaxe ao mariñeiro coa embarcación tradicional.
Rúa do Porto e casas marinearas
Esta rúa peonil de casas Mariñeiras converteuse nun lugar de encontro para pasear, gozar nos restaurantes ou cunha fermosa posta de sol.
Igrexa e Convento de San Benito
Desde o século XVI, a orde relixiosa de San Benito tiña presenza con este convento de monxas construída no porto pesqueiro.
Monumento ao Mariñeiro desaparecido
Escultura de pedra do artista Magín Picallo que representa a dor da muller cando perde a un ser querido no mar.
Arenal da A Ribeira
A acumulación de area nos últimos anos creou un lugar de recreo dentro do porto.
Rúa Malteses
Paseando por esta estreita rúa un regresa ao pasado mariñeiro coas súas vellas casas estreitas que se transformaron en casas de cores máis altas.
Paseo marítimo
Este paseo enlaza a rúa do porto co dique do norte nun agradable percorrido libre de vehículos.
Museo do Mar
A historia da Guarda sempre estivo ligada ao mar e á pesca. Grazas á visita do Museo do Mar, podese coñecer a esencia e particularidades da pesca no pasado.
Dique norte
O porto conta cunha imaxe recoñecida grazas ao colorido do seu dique norte. É un elemento da vila moi fotografado polos solpores e os temporais do inverno.