Ruta polo porto pesqueiro
A vila mariñeira que medrou arredor do porto pesqueiro. Conserva o seu carácter coas fachadas das estreitas e coloridas casas de pescadores.
Igrexa e Convento de San Benito
Desde o século XVI, a orde relixiosa de San Benito tiña presenza con este convento de monxas construída no porto pesqueiro.
Este conxunto arquitectónico foi fundado no s. XVI pola familia Ozores de Sotomayor e durante os séculos a orde e os súas relixiosas tiveron unha gran complicidade cos veciños que formando a xeracións na súa escola.
A igrexa, pequena e deteriorada, foi reconstruída no s. XVII e permanece dedicada ao culto relixioso. Os escudos da familia e a orde de San Benito están situados na fachada lateral barroca.
As monxas abandonaron o convento en 1983 e despois da reforma, o convento converteuse nun hotel e restaurante.
A igrexa, pequena e deteriorada, foi reconstruída no s. XVII e permanece dedicada ao culto relixioso. Os escudos da familia e a orde de San Benito están situados na fachada lateral barroca.
As monxas abandonaron o convento en 1983 e despois da reforma, o convento converteuse nun hotel e restaurante.
Dique sur e lonxa
A Guarda aínda conserva a pesca de baixura e no dique sur tamén se localiza a lonxa, as embarcacións e os mariñeiros no seu día a día.
Nave das Redeiras
Nesta edificio as mulleres continúan cunha profesión esencial para a pesca como é a elaboración e reparación das redes.
Praia O Carreiro
Praia marítima no exterior do porto pesqueiro e onde pasan ou inician as rutas da costa.
Monumento ao mariñeiro
Na rúa Porto localizase este traballo escultórico de José Antúnez Pousa como homenaxe ao mariñeiro coa embarcación tradicional.
Rúa do Porto e casas marinearas
Esta rúa peonil de casas Mariñeiras converteuse nun lugar de encontro para pasear, gozar nos restaurantes ou cunha fermosa posta de sol.
Igrexa e Convento de San Benito
Desde o século XVI, a orde relixiosa de San Benito tiña presenza con este convento de monxas construída no porto pesqueiro.
Monumento ao Mariñeiro desaparecido
Escultura de pedra do artista Magín Picallo que representa a dor da muller cando perde a un ser querido no mar.
Arenal da A Ribeira
A acumulación de area nos últimos anos creou un lugar de recreo dentro do porto.
Rúa Malteses
Paseando por esta estreita rúa un regresa ao pasado mariñeiro coas súas vellas casas estreitas que se transformaron en casas de cores máis altas.
Paseo marítimo
Este paseo enlaza a rúa do porto co dique do norte nun agradable percorrido libre de vehículos.
Museo do Mar
A historia da Guarda sempre estivo ligada ao mar e á pesca. Grazas á visita do Museo do Mar, podese coñecer a esencia e particularidades da pesca no pasado.
Dique norte
O porto conta cunha imaxe recoñecida grazas ao colorido do seu dique norte. É un elemento da vila moi fotografado polos solpores e os temporais do inverno.